Irisarri + Piñera
07.05.2010
Sanidade licita o novo Hospital de Vigo por 374 millóns
24.03.2010
A xénesis do novo hospital de Vigo
26.06.2009
Sanidade redefinirá as necesidades do hospital
09.03.2009
Entrevista con Jean Pistre
20.08.2008
Sanidade anuncia que en febreiro licitará o macrohospital vigués
24.06.2008
O maior hospital europeo estará en Vigo
18.05.2008
O proxecto básico do novo hospital podería estar feito en xuño
15.05.2008
O Sergas admite que explorou financiamento privado para o hospital, pero o refugou
Un edificio de catro plantas, construído en chapa de aluminio e cristal, cunha gran praza pública debaixo, e unido ás dúas sedes xudiciais actuais por un vestíbulo en dobre altura. Son as características principais do anteproxecto vencedor do concurso da Cidade da Xustiza, realizado polo estudo vigués de Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera. O conselleiro de Presidencia, José Luís Méndez Romeu, asegurou onte, na presentación do deseño gañador, que a redacción do proxecto construtivo arrincará de inmediato; a mediados de 2008 comezarán as obras, e a principios de 2010 inaugurarase o edificio. A nova sede, que parte cun orzamento de 4,2 millóns de euros, disporá de espazo para 20 novos xulgados, ademais de clínica forense.
Os tres edificios terán unha única entrada pola que os cidadáns accederán aos tres edificios mediante galerías. O novo, cunha estrutura de aluminio en capas, estará composto por dous bloques unidos polo vestíbulo e unha galería, e na contorna situarase un gran parque. Os arquitectos resaltan na memoria a «transparencia da construción á paisaxe, o que achegará a xustiza aos cidadáns».
O alcalde, Abel Caballero, anticipou que a actuación desenvolverase como proxecto de interese supramunicipal, do mesmo xeito que se fixo no seu día co cuarto hospital, para evitar depender da aprobación do novo Plan Xeral. cualificou o deseño de ?emblemático?, e destacou que «é un elemento integrador e de arrastre para desenvolver toda esa zona da cidade». Así mesmo, sinalou que no futuro realizarase «unha configuración completa coa Axencia Tributaria ?situada na contorna?, que incluirá a ordenación do aparcadoiro».
Méndez Romeu asegurou que a Cidade da Xustiza converterase en «unha icona para Vigo e será o edificio máis fermoso das 45 plantas xudiciais galegas». Pola súa banda, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Antonio González Neto, manifestou que «Vigo contará cunha Cidade da Xustiza superior ás doutras cidades de España», e subliñou a súa «interconexión, funcionalidade e amplas instalacións». O decano do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), Celestino García Braña, agregou que o edificio «contribúe a enriquecer a urbe». O COAG dirixiu o concurso, e o proxecto gañador, que competiu na fase final con outras cinco propostas, recibirá un premio de 60.000 euros.