Contenido Navegación Búsquedas


Portos pide un estudio económico aos artífices do plan Nouvel

Tras a reunión cos artífices do Plan Nouvel encargouse un novo plan de viabilidade e estudar de novo o custo económico do proxecto deseñado polo arquitecto francés Jean Nouvel para reformar a área central do litoral vigués

FONTE: LA VOZ DE GALICIA

A presidenta do Porto de Vigo, Corina Porro, anunciou tras a súa reunión cos artífices do Plan Nouvel a súa intención de encargar un novo plan de viabilidade e estudar de novo o custo económico do proxecto deseñado polo arquitecto francés Jean Nouvel para reformar a área central do litoral vigués porque considera que a maioría das actuacións previstas non están «xustificadas».

A presidenta do Porto de Vigo, Corina Porro, reuniuse esta mañá cos creadores do plan de reforma da zona central, é dicir, a unión temporal de empresas formada por Técnicas Reunidas, Nouvel Atelier e XMD Arquitectura e Cidade, que resultou gañadora do concurso de proxectos convocado durante a presidencia de para a remodelar a zona central do centro urbano, concretamente entre A Laxe e o peirao do Comercio.

Tras a reunión Corina Porro insistiu en que o Porto debe dar prioridade aos intereses das ermpresas e a maioría deles non se mostraron a favor do plan de Nouvel. A presidenta do Porto asegurou que hai moitas actuacións das previstas que poderían non facerse e que a realmente necesaria é a ampliación do peirao de Transatlánticos. Sobre o resto, incluído o monólito, dixo que pediu aos promotores do proxecto un estudo económico detallado e exacto e «terá que estar moi ben xustificado para que sexan planteables».

Paz realizou durante a súa presidencia un estudo de viabilidade semellante ao que propón agora Porro no que se aceptaba menos do 50% do plan Nouvel e entre algúns dos cambios máis destacados figuraba cambiar o hotel monólito por unha torre de control e comunicacións, cunha estatura de 117 metros no extremo do novo peirao de Transatlánticos, que, á súa vez, prolongarase uns 550 metros, ata alcanzar case o quilómetro de lonxitude sobre a ría. «Non é lóxico construír un peirao para levantar un hotel», explicaba Jesús Paz.