Contenido Navegación Búsquedas


Glicineas na nova sede do COAG Vigo

Irisarri + Piñera trataron de unificar edificio e contorno, conformando un conxunto sen establecer ningún tipo de distinción, intentando unificar os encontros das rúas laterais.
Máis fotos da nova delegación eiqui

FONTE: LA VOZ DE GALICIA

A nova sede do Colexio de Arquitectos de Galicia en Vigo terá na súa fronte unha praza con pérgolas e chan adaptable

O flamante edificio de policarbonato que no prazo dun mes acollerá a sede do Colexio de Arquitectos de Galicia en Vigo estará flanqueado por unha especie de parque urbano no que xa lle gustaría descansar ao Sireno.

Guadalupe Piñera e Jesús Irisarri, autores do proxecto, idearon unha praza que fará dese raquítico e complicado espazo de Doutor Cadaval unha contorna suave e fluído.

Para iso recorreron a finas estruturas que servirán de soporte á iluminación ao mesmo tempo que farán as veces de pérgolas sobre as que rubirán glicinias. Trátase dunha planta frondosa, de rápido crecemento, fácil mantemento e folla caduca con floración na primavera e a finais do verán. Iso permitirá que en pouco tempo a contorna se tranforme de forma radical coa visión dun emparrado, mentres que no inverno a caída da folla evitará restar luz. Outro aspecto que contribuirá ao cambio de imaxe é a adaptación da propia praza á topografía ata o punto de configurar ela mesma o mobiliario urbano. O chan vaise encartando para adaptarse aos distintos niveis da rúa e conformar bancos e bancadas e ata impedir o paso dos coches de forma un tanto sutil.

As pedras do muro do antigo edificio do Pobo Galego foron aproveitadas polos dous arquitectos para salpicar o chan, igual que outras da ruela de Príncipe. Ao mesmo tempo a colocación de pedra nova mellorará a entrada aos portais de cálea Aurora, de difícil topografía.

Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera trataron de unificar edificio e contorna e de conformar un conxunto sen establecer ningún tipo de distinción, intentando unificar nos encontros das rúas laterais.