Contenido Navegación Búsquedas


Entrevista con Victor López Cotelo

“As novas normas da edificación son estúpidas” comenta o arquitecto madrileño

FUENTE: LA OPINIÓN

ISABEL BUGALLAL. A CORUÑA.

“Cotelo é galego, vén de galegos que emigraron ao País Vasco. A miña avoa, a modista de alta costura Flora Vilarreal, era de Legazpia e fíxolle o traxe de noiva á duquesa de Alba”, conta Víctor López Cotelo, fillo do arquitecto López Morais.

-A Vaquería de Santiago non deixa de darlle alegrías.
-Pois si. Como foi a primeira alí é a máis coñecida.

A máis coñecida e a máis premiada.
-Ás outras non lles deu tempo aínda (risas).

-Espera máis premios?
-Non é que os espere. Tampouco coa Vaquería, Nin nos presentamos [ao premio da Bienal de Arquitectura 2003]. Decatáronse de que existía e pedíronme que o mandase. Gañei no último minuto. Nunca pensei que as vivendas puidesen interesarlle a ninguén.

-E tamén foron á Bienal de Venecia deste ano.
-A Venecia foi todo o que fixen en Santiago co promotor Otero Pombo
.
A súa primeira obra galega?
-A primeira foi a de Ponche Sarela. O xuíz pretende que a tiremos, a pesar de ter todos os permisos. Unha veciña denunciounos porque estreitamos o Camiño de Santiago. Nin o tocamos.

-O tandem con Otero?
-Eu non o coñecía de nada e chamoume fai uns dez anos dicindo que tiña uns proxectos que me podían interesar. Coñecía a miña obra porque el estaba facendo entón uns cursos de rehabilitación do Consorcio e alguén lle falou de min. Traballamos xuntos en Ponche Sarela (unha antiga curtiduría), Vaquería (vella vaquería), Alameda (de nova planta) e Caramoniña (de nova planta no casco histórico). Temos xa con licenza para outra en Pontepedriña; outra pendente de trámites urbanísticos, en Casas do Rego, e unha intervención máis en Cudeiro. Son cousas antigas pero con tramitacións administrativas moi longas.

-Unha política envexable?
-Santiago é moi consciente do que ten e fai unha política moi valiosa e moi certeira. Protéxese moito xa desde a época de Xerardo Estévez e preténdese non só intervir no casco histórico senón achegar arquitectura moderna. E nós o que facemos é manter ese equilibrio

-A Coruña podería desenvolver unha política semellante?
-O que nós facemos é porque quixemos facelo así, grazas ao ímpeto de Otero e ao seu interese pola cidade. É un promotor que un día cambiou e pensou que había outro xeito de actuar, de facer cousas máis divertidas e máis arriscadas, con tramitacións administrativas moi longas e complexas. Son tan lentas que a proxectos de fai catro ou cinco anos pilloulles a lei do chan galega, o novo código técnico, a lei de habitabilidade… É que a Vaquería, hoxe, é ilegal. Coas leis de hoxe non se podería facer: a altura non é a altura, a fiestra non se que, o cuarto de baño ten non se canto, que se un tendedero. É que se iso é así e teño que empezar de cero para facer o estándar a que me obrigan, non o fago.

Moitos arquitectos están furiosos con esas normas.
-É que son estúpidas. Ti podes facer estas leis para un polígono de vivendas novo, pero non as podes aplicar en sitios bellísimos o estándar porque che queda unha merda. Nós tratamos o especial de xeito singular e agora resulta que hai que tratalo como todo. Pois entón voume, eu non estou aquí para iso.

A anos luz de Alemaña?
-Eles están no século XXI e nós a mediados do XX. Aquí pasamos de facer o que queiras a unhas esixencias rigidísimas. En Alemaña está todo reglamentado pero as calidades do seu estándar son excepcionais. Case todos os trens son de alta velocidade e os trens normais van a 160 quilómetros.Cando pica a burbulla, a diferenza está en que Alemaña é un país funcionando, con investigación e desenvolvemento, e en España o que temos é unha chea de urbanizacións de merda na costa sen vender.

-O papel da arquitectura hoxe?
-Eu distingo entre arquitectura e edificación. A arquitectura trata de unir utilidade, beleza e territorio para facer estruturas intelixentes.

-En Galicia falan de feísmo.
-É que son cousas… O feísmo que é?, falta de calidade e de coñecemento. Pero iso non só ocorre na arquitectura, ocorre en todo, déixase actuar a persoas que non saben nada. A miña avoa era modista internacional de alta costura, era famosísima (ten traxes no Museo da Moda, fixo o traxe de noiva da duquesa de Alba, vestía á princesa de Mónaco, foi a París, coñeceu a Dior, Balenciaga ofreceulle unirse a ela e a miña avoa díxolle que non porque sendo muller absorberíaa), e eu se o que hai que saber para facer unha cousa ben feita. Agora non teñen nin idea. O feísmo é o que nunca tivo valor porque é malo e feo e convértese en algo con pretensións de ser bo. No canto de fomentarse o bo, o máis bobo é o que pon o nivel da clase.

-A quen copiamos?
-Eu creo que aquí queremos ser máis listos que ninguén. Agora todas as casas teñen que estar preparadas para minusválidos. Un amigo alemán que se está facendo unha casa en Estremadura contábame que, nun sitio ao que hai que chegar en todoterreo, con máis do 30% de pendente, obríganlle a pór cuartos de baño aptos para minusválidos, nunha casa que é para el. Alucina.

-Que é o primeiro que faría na Coruña?
-De entrada, cargaríame ese centro comercial de aí enfronte.

-É dos seus colegas Ricardo Bofill e de César Portela.
-Dáme igual.

-Moita da responsabilidade non é dos arquitectos?
-Eu aos meus alumnos dígolles o planeta é o que hai e téñeno que conservar, dáme igual se se trata da praza do Obradoiro, do Sahara ou dun campo de trigo. A cada sitio o seu

-A crise económica pode serve de algo?
-Quizá para centrarnos máis no necesario cando todo o mundo vaise polas ramas e o máis estúpido é o que interesa. A burbulla que explotou son as estupideces, a cantidade de cousas innecesarias, o descentre do ser humano e da sociedade. Na Alemaña de postguerra todo o que de fixo é buenísimo, en contraste coa destrución que supuxeron os anos oitenta, de opulencia, que acabaron no frívolo e o arbitrario. Berlín é hoxe a capital da estupidez.

-Por que se foi a Alemaña?
Porque desde pequeniño viaxei. Aos nove anos fun co meu irmán a Irlanda e desde entón viaxei, aprendín idiomas, fun ao Liceo Francés e ao acabar a carreira era a ocasión de abrirme ao mundo. O meu pai era arquitecto -López Morais, compañeiro de Alejandro da Sota, estudaron xuntos e díxenlle que non quería quedarme aquí e funme a Alemaña.

-Sabía alemán?
-Non, pero o aprendín. Sabía inglés e francés. Funme a Alemaña porque me parecía máis interesante que quedarme na España franquista. Cando chegaba a Barallas dábanme calafríos, que mundo máis cutre… é que me revolvía. Eu creo que un arquitecto ten que ser alguén que queira mellorar a sociedade, ter un punto de idealismo, porque se non vas cambiar nada, para que.

-Sáelle a herdanza da súa avoa? Conte máis cousas dela.
-Traballou para Rockefeller, a princesa de Mónaco, a duquesa de Medinaceli… A miña avoa era dunha forza excepcional. Aprendeu francés, foise a París, con fillos. Chegou a ter na Castelá de Madrid un taller con cen obreiras, presentaba coleccións no verán e inverno. Era vasca e o seu pai falaba con dificultade o castelán. E houbo un momento no que Balenciaga, tamén vasco, ofreceulle asociarse. ´Non, que me absorbes´. Tiña un carácter… Era unha persoa dunha rectitud asombrosa. Nunca se mesturou coa sociedade para a que traballaba, nunca; facía os seus traxes e aínda que a invitasen non ía. Unha vez, cando foi a muller de Franco ao seu taller levada pola muller de Areilza, encargoulle unhas cousas e a miña avoa presentoulle a factura. ¡Estás tola´, díxolle. ´Eu traballo´, respondeu. Durante a guerra metérona nunha cheka, acusárona de traballar para os ricos e dixo ´si, para a muller de Azaña. Traballo e págame´. E saíu da cheka. Os seus traxes, logo de trinta anos, están como novos, unha cousa marabillosa. Ela quería facer as cousas ben.