Contenido Navegación Búsquedas


Aprazada sen data A Cidade da Xustiza por ’falta de terreos’

Aprázase ’sine die’ o proxecto de Irisarri+Piñera

ciudad justicia

FONTE:“ATLANTICO DIARIO”:http://www.atlantico.net/noticia/61639/xustiza/aplaza/edificio/

O conselleiro de Xustiza, José Luís Méndez Romeu, recoñeceu onte no Parlamento que non será posible a construción da Cidade da Xustiza de Vigo por falta de chan.

Pau para outro proxecto histórico. Méndez Romeu asegurou onte no Parlamento que o lamentaba, pero ?na Coruña e Vigo non hai chan dispoñible na actualidade para a construción? dos novos edificios xudiciais.

O de Vigo, prometido desde fai máis de tres anos, é a Cidade da xustiza, que existe como bosquexo exposto na sede local da Xunta desde xullo de 2007, cando o propio Méndez Romeu presentou o proxecto como de execución ?inminente?. Agora queda aprazado sine die por falta de espazo, e iso a pesar de que o alcalde Abel Caballero asegurou que o desenvolvemento do PGOM xa permite ceder unha parcela á Consellería de Xustiza a través dunha permuta ou expropiación. Xuíces e avogados, pola súa banda, advertiron da situación en que se atopan por falta de espazo nos dous edificios actuais, o que obrigará a alugar locais fóra da rúa Lalín para colocar as novas dependencias.

Tamén se referiu ao ocorrido o deputado Ignacio López-Chaves, quen cualificou de labazada a Vigo a decisión de Xustiza, que se suma a longa nómina de agravios e investimentos perdidos nos tres anos transcorridos desde a toma de posesión do Executivo bipartito?. López-Chaves atribuíu a anulación do proxecto á ?cruzada contra Vigo? que promove Méndez Romeu, responsable de que tampouco se aprobou a Lei da área Metropolitana. O PPdeG acusou ao conselleiro de mentir cando afirma que o edificio xudicial non se pode construír por falta de terreos e aclarou que os anteriores Gobernos do PP en Vigo e Santiago asinaran un convenio polo que o Concello comprometíase a ceder á Xunta a superficie necesaria.



Comentarios

Opina