Plantéxase unha disposición lonxitudinal Sur-Norte intentando aproveitar as ganancias solares do oeste, favorecer as vistas á ría ao leste e o eixo principal da parcela.
A pastilla principal que apoia só as cabezas no terreo, dá acubillo aos espazos comúns, tanto interiores como exteriores. O volume transversal aloxa os dormitorios, adaptándose aos niveis do terreo; sobre a pastilla o dormitorio principal, abaixo os dormitorios de invitados e na mesma cota a entrada. No nivel inferior sitúase o garaxe.
A piscina, transversal e estreita, divide a parcela diferenciando zona edificada e vexetal. É abrazada pola cuberta da pastilla principal e a ela vincúlanse a praia descuberta e a cuberta, que á súa vez é terraza do estar.
Longitudinalmente se secuencian na mesma cota, piscina, praia cuberta, estar, comedor e estudo, cociña e lavadoiro-secadero-leñera.
A fachada ventilada trátase táboas horizontais de lousa e o resto con monocapa.