Desiderio Pernas contribuíu a cambiar o aspecto da cidade, sendo o introductor a gran escala da linguaxe da modernidade.

Desiderio Pernas Martínez establece o seu despacho como arquitecto en Vigo no ano 1963. Chega impregnado da arquitectura europea e americana tras unha estadía dun ano cunha bolsa Fullbright na Escola de Arquitectura do IIT de Chicago, onde asiste ás clases de Mies van der Rohe.
Pernas é contemporáneo dun grupo de arquitectos xoves que introducen a linguaxe da arquitectura internacional na cidade, como son Bar Boo, Alberto Baltar, Pérez Bellas, Tomás Pérez-Lorente e Francisco Yánez, destacando por ter contribuído a cambiar o aspecto da cidade ao converterse no introdutor a gran escala da linguaxe da modernidade.