Coa irrupción da democracia, as administracións públicas poñen en marcha unha política orientada a reestructurar o territorio catalán, dotándoo de novos equipamentos sociais e novas infraestructuras, dimensionadas para cualificar o territorio dun xeito homoxéneo e equilibrado.

Coa irrupción da democracia, as administracións públicas poñen en marcha unha política orientada a reestructurar o territorio catalán, dotándoo de novos equipamentos sociais e novas infraestructuras, dimensionadas para cualificar o territorio dun xeito homoxéneo e equilibrado.
Esta oportunidade para xestionar a obra pública dende Cataluña, foi aproveitada para potenciar a calidade arquitectónica.
Unha mostra diso é a obra de Bonell&Gil, onde predominan os criterios plantexados polo realismo arquitectónico da Escola de Barcelona.
A xeometría dos seus edificios, rotunda e de dimensións implacables, atopou a sensibilidade necesaria para establecer unha relación dinámica co seu entorno.
A envoltura de cada edificio convertiuse nun fito visual dentro dunha paisaxe que cerca a mobilidade, preámbulo inevitable da cultura do ocio.
«(…) Hai arquitectos aos que só lles interesa a arquitectura debuxada e facer achegas teóricas. Esteve e Josep María son posibilistas. Sempre fan o que cren que se pode facer sen renunciar a ningunha presentación importante.
»Facer as Cousas raras é doado dí Gil- para complicar as cousas só tes que ir engadindo e engadindo. O difícil é facer as cousas sinxelas porque para facer unha cousa aparentemente sinxela tes que escoller, e iso custa moito máis. Ou, como dicía Bach, é moi sinxelo, só hai que pulsar a nota adecuada no momento oportuno. (…)
»(…)Eu diría que o que nos gusta é o que lle gusta a todo o mundo —replica Gil— : facerse querer. O que creo que hai nas nosas obras non sei se é presunción ou non, pero é verdade é un certo rigor moral. Algo que, cando ves moitas obras, botas en falta. Ás veces, cando digo rigor moral, non quero dicir máis que senso común, aceptar ideas que son diferentes das túas e entender os criterios do/da cliente. E é certo que somos posibilistas. Sempre procuramos, en certo modo, transformar o desexo do/da cliente no senso de que iso nos axude a facer proxecto(…)»
Manuel Forasté i Giravent