Queremos ofrecer un oco aos colexiados que desexen mostrarnos aqueles traballos que, desde a intimidade do estudo, do sacrificio e o empeño polo bo exercicio da profesión, queiran compartir con todos nós.
COAG Vigo busca, a través da súa web, un modelo contemporáneo, participativo, trasparente, crítico e en rede, tratando de mostrar os novos modos de proceder e as distintas actitudes de actuar dos arquitectos da Delegación, baseándose na exposición para fomentar o debate sobre os seus resultados e realizacións profesionais.
Documentación a enviar a cdg@cdgarquitectos.com
DATOS DE CONTACTO (arquivo en formato de texto .doc ou .pdf)
- Nome do Estudo
- Dirección
- Teléfono de contacto
- Correo electrónico
- Dirección web
DOCUMENTACIÓN POR PROXECTO
- Imaxes e planos (en formato .jpg, con resolución 72 ppp. e unha anchura máxima de 630 píxeles)
- Memoria de proxecto (en formato .doc ou .pdf, cun máximo de 1500 carácteres sen contabilizar espazos)
- Frase resumen de proxecto
(en formato .doc ou .pdf, cun máximo de 200 carácteres sen contabilizar espazos)