
Ainda que non asistín ó evento máxico deduzo que o instante no que Desiderio se decidiu a pintar foi tan catártico coma outros momentos cruciais na sua intensa vida.
Foi tanta a experiencia e a seguridade acumulada na súa relación pictórica cos metros, que Desiderio comenzou a pintar as súas propias interpretacións libres dos clásicos. N aliña do ocurrido coa modelo embelecida do óleo de Vermeer ou os “modiglianis”, pero yendo un paso más allá, Yeyo abordou a creación de seductores xogos compositivos. Coma se dun alquimista de Arte se tratara, pintou os bodegóns cubista de Braque, Picasso e Juan Gris pintaran ó tempo, compuxo Meninas dun encanto que tal vez Velásquez pagara por ter, como modelo retratou de perfil e co seu inconfundible estilo a mulleres que Ghirlandaio nunca coñeceu e interpretou La Danza de Matisse sustituindo a gama cromática elegida polo rival de Picasso polas cores preferias polo mestre Iturrino.
Ainda que se tratou dunha afición tardía que só lle ocupou os últimos anos da súa vida, cónstame que Yeyo disfrutou da Pintura con pasión. No seu cuarto de música, acompañado durante tardes interminables dos grandes compositores, Desiderio, antes ca nada, disfrutou do seu hobby coma aficionado á Pintura, realizouse coma artista visual e mostrounos a todos unha máis das expresións da súa creatividade polifacética. Todo á mayor gloria da súa devociñon pola Arte e o seu amor polo que é Belo.
Isidoro Martín de la escalera